Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS DIRIXIDAS AO IMPULSO DO COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA. COETFG 2025", cofinanciado por Axencia Galega da Industria Forestal
Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG).
Imparte: Hugo Rodríguez García | Enxeñeiro Forestal, Colexiado 945 | CEO/Director Técnico AMETLAM.
Inscrición sen custe. Aberta a calquera persoa interesada!
Obrigatoria a asistencia ao 80% de duración da actividade. No caso de incumprimento, o COETFG resérvase o dereito de limitar o acceso a outras actividades formativas da entidade.
DESTINATARIOS:
Acción orientada a profesionais da industria forestal-madeira (preferentemente profesionais en activo), así como estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos.
--DESCARGA AQUÍ O TRÍPTICO--
DESCRICIÓN XERAL:
A webinar pretende dar a coñecer a ferramenta RESINERXIA® desenvolvida dentro da Plataforma SINERXIA, creada para dotar ao sector resineiro de ferramentas tecnolóxicas que permitan a monitorización da produción de resina, en función de variables dasométicas, climáticas, fisiográficas e estruturais.