Logo
 

AULA DE MARKETING PARA PROFESIONAIS DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA

CURSO PRESENCIAL: 25 horas
prazas
20
Data límite de inscrición
14/09/2026 desde o 08:00 ao 13/10/2026 ata as 15:00
Fecha del curso del
16/10/2026 ao 09/04/2027
Lugar
Sede do COETFG (Santiago de Compostela)
Horario
Xornadas presenciais: venres de 17.00 a 20.30 h
Breve descrición do curso:

Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS DIRIXIDAS AO IMPULSO DO COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA. COETFG 2026-2027", cofinanciado por Axencia Galega da Industria Forestal 

Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG).

Imparte: Modesto Luis Gómez Rodríguez | Director Xeral de EnxenoGalicia.

Inscrición sen custe. Aberta a calquera persoa interesada!

Temario:

A Aula de Marketing para Profesionais da Industria Forestal-Madeira nace para achegar o márketing á realidade do sector dunha maneira práctica, próxima e aplicable. Un espazo no que aprender a analizar o noso potencial e a contorna, construír unha proposta de valor, tomar decisións sobre produtos e servizos, establecer prezos, escoller as canles máis axeitadas e comunicar mellor aquilo que facemos.

Ao longo de 7 sesións presenciais iremos percorrendo as sete P desta Aula: Potencial, Perímetro, Produto, Prezo, Praza, Promoción e Paixón, combinando conceptos, dinámicas e aplicacións prácticas para transformar o aprendido en ferramentas útiles para o día a día profesional. O propio programa articúlase arredor destes ámbitos e incorpora exercicios prácticos en cada sesión. 

Se xa traballas no sector forestal-madeira, estás a formarte para incorporarte a el ou acabas de iniciar a túa carreira profesional, esta Aula é unha oportunidade para ampliar a túa mirada e descubrir como o márketing pode axudarche a crear máis valor arredor do que fas.
Porque ter un bo produto é importante. Saber todo o que podes facer con el pode marcar a diferenza.

Atréveste a descubrir as 7 P?

1ª P do márketing  >> Desenvolve todo o teu Potencial  - Data: 16/10/2026
2ª P do márketing  >> Analiza o teu perímetro con rigor - Data: 13/11/2026
3ª P do márketing  >> Optimiza o teu produto/servizo - Data: 11/12/2026
4ª P do márketing  >> Axusta os teus prezos - Data: 15/01/2027
5ª P do márketing  >> Posiciónate nas mellores prazas - Data: 12/02/2027
6ª P do márketing  >> Multiplica a túa presencia - Data: 12/03/2027
7ª P do márketing  >> Expreme a túa paixón - Data: 09/04/2027

 

Consulta o PROGRAMA DETALLADO

Horario escolar

Día da semana
Hora de comezo mañá
Hora final mañá
Hora de inicio tardía
Hora de finalización tardía
Non se puido cargar a programación