Logo
 

CURSO DE MANEXO DE QFIELD COMO FERRAMENTA DE TRABALLO DE CAMPO (1ª Edición)

CURSO PRESENCIAL: 32 horas
Data límite de inscrición
01/10/2026 desde o 08:00 ao 09/11/2026 ata as 15:00
Fecha del curso del
14/11/2026 ao 12/12/2026
Lugar
Sede do COETFG (Santiago de Compostela)
Horario
Xornadas presenciais: de 9.30 a 14.00 h, e de 15.30 a 20.00 h
Breve descrición do curso:
Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS DIRIXIDAS AO IMPULSO DO COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA. COETFG 2025-2026", cofinanciado por Axencia Galega da Industria Forestal 

Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG).

Imparte: José Fernando Enjamio Gándaras | Enxeñeiro Técnico Forestal, Colexiado 617.

Inscrición sen custe. Aberta a calquera persoa interesada!

Obrigatoria a asistencia ao 80% de duración da actividade. No caso de incumprimento, o COETFG resérvase o dereito de limitar o acceso a outras actividades formativas da entidade.

Detalle de Datas de impartición:

Sesións Presenciais: 14, 21 e 28 de Novembro e 12 de decembro de 2026

DESTINATARIOS:

Acción orientada a profesionais da industria forestal-madeira (preferentemente profesionais en activo), así como estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos.

Requírense coñecementos básicos de QGIS. 

--DESCARGA AQUÍ O TRÍPTICO--

OBXECTIVOS:

O obxectivo fundamental desta actividade formativa é a obtención dos coñecementos necesarios para o emprego da aplicación Qfield.
Deste xeito a formación oriéntase cara a:
•Mellora dos rendementos de traballo en campo
•Optimización dos recursos industria forestal-madeira
•Mellora no seguimento de proxectos
•Coordinación do traballo de gabinete e campo
•Aplicacións de Qfield na industria forestal-madeira
Temario:

MÓDULO 1: Introdución a Qfield (1 h)
1.1. Que é QFIELD
1.2. Descarga e instalación

MÓDULO 2: Preparación proxecto Qgis (15 h)
2.1. Qfield Sync
2.2. Configuración proxecto en Qgis
2.3. Empaquetado en Qgis para Qfield
2.4. Exportación cara Qfield

MÓDULO 3: Traballo en Qfield (8 h)
3.1. Importación de proxecto
3.2. Configuración xeral
3.3. Edición de xeometrías e atributos

MÓDULO 4: Caso práctico (8 h)
4.1. Toma de datos
4.2. Importación a Qgis do traballo en Qfield

Horario escolar

Día da semana
Hora de comezo mañá
Hora final mañá
Hora de inicio tardía
Hora de finalización tardía
Non se puido cargar a programación