Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS DIRIXIDAS AO IMPULSO DO COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA. COETFG 2025-2026", cofinanciado por Axencia Galega da Industria Forestal
Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG).
Imparte: José Fernando Enjamio Gándaras | Enxeñeiro Técnico Forestal, Colexiado 617.
Inscrición sen custe. Aberta a calquera persoa interesada!
Obrigatoria a asistencia ao 80% de duración da actividade. No caso de incumprimento, o COETFG resérvase o dereito de limitar o acceso a outras actividades formativas da entidade.
Detalle de Datas de impartición:
Sesións Presenciais: 03, 17, 24 e 31 de Outubro de 2026
DESTINATARIOS:
Acción orientada a profesionais da industria forestal-madeira (preferentemente profesionais en activo), así como estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos.
Requírense coñecementos básicos de QGIS.
--DESCARGA AQUÍ O TRÍPTICO--