Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS DIRIXIDAS AO IMPULSO DO COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA. COETFG 2025-2026", cofinanciado por Axencia Galega da Industria Forestal
Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG).
Imparte: Modesto Luis Gómez Rodríguez | Director Xeral de EnxenoGalicia.
Inscrición sen custe. Aberta a calquera persoa interesada!
Obrigatoria a asistencia ao 80% de duración da actividade. No caso de incumprimento, o COETFG resérvase o dereito de limitar o acceso a outras actividades formativas da entidade.
Detalle de Datas de impartición:
6 Xornadas presenciais 2026: 30 de xaneiro, 27 de febreiro, 20 de marzo, 24 de abril, 22 de maio e 12 de xuño de 2026 (Horario: de 17.00 a 21.00 h)
12 Xornadas en liña: 16 e 23 de xaneiro, 6 e 20 de febreiro, 6 e 13 de marzo, 10 e 17 de abril, 8 e 15 de maio, 29 de maio e 5 de xuño (Horario de 17.00 a 19.00 h)
DESTINATARIOS:
Acción orientada a profesionais da industria forestal-madeira (preferentemente profesionais en activo), así como estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos.
--DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA--