Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS DIRIXIDAS AO IMPULSO DO COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA. COETFG 2025", cofinanciado por Axencia Galega da Industria Forestal
Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG).
Imparte: Juan Luis Rodríguez Somoza | Graduado en Enxeñaría Forestal, Colexiado 887.
Inscrición sen custe. Aberta a calquera persoa interesada!
Obrigatoria a asistencia ao 80% de duración da actividade. No caso de incumprimento, o COETFG resérvase o dereito de limitar o acceso a outras actividades formativas da entidade.
DESTINATARIOS:
Acción orientada a profesionais da industria forestal-madeira (preferentemente profesionais en activo), así como estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos.
DESCRICIÓN XERAL:
O obxecto da formación é introducir ás persoas participantes na utilidade dos sistemas aéreos non tripulados (UAS) ou Drons nos cales se poden embarcar como cargas de pago distintos tipos de sensores pasivos e activos de Remote Sensing e poden aplicarse no sector da industria forestal-madeira para a monitorización dos distintos recursos forestais e do medio natural, análises do estudo e ordenación do territorio, entre outros.
Abordaranse de forma breve os distintos tipos e usos dos UAS, vantaxes, limitacións e normativa dos mesmos, introducindo estas ferramentas no eido da industria forestal-madeira como unha tecnoloxía útil e cada vez máis presente e necesaria no día a día.