Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS DIRIXIDAS AO IMPULSO DO COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA. COETFG 2025", cofinanciado por Axencia Galega da Industria Forestal
Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG).
Imparten:
José Fernando Enjamio Gándaras | Enxeñeiro Técnico Forestal, Colexiado 617.
José Manuel Yglesias Espiño | Enxeñeiro Técnico Forestal, Colexiado 1296.
Inscrición sen custe. Aberta a calquera persoa interesada!
Obrigatoria a asistencia ao 80% de duración da actividade. No caso de incumprimento, o COETFG resérvase o dereito de limitar o acceso a outras actividades formativas da entidade.
DESTINATARIOS:
Acción orientada a profesionais da industria forestal-madeira (preferentemente profesionais en activo), así como estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos.
DESCRICIÓN XERAL:
Mercamadeira é unha iniciativa que nace do sector da Enxeñaría Forestal para a modernización da xestión de venta da madeira nos montes de Galicia, sendo o punto de encontro entre propietarios forestais e compradores.
Trátase dunha ferramenta útil que ofrece unha trazabilidade tanto no proceso de compravenda mediante poxa, como despois da adxudicación, establecéndose un espazo compartido con acceso a documentación xerada no proceso así como diferentes funcionalidades que facilitan a xestión administrativa de execución do aproveitamento.
De profesional a profesional
A plataforma Mercamadeira conecta de forma eficiente e transparente aos profesionais do sector madeireiro para a poxa de lotes de madeira.
As ofertas realízanse de forma encriptada, polo que ninguén, salvo o propio comprador pode ver as súas ofertas, ata que finalice a poxa.
Actualmente, a plataforma é gratuíta e non é necesario realizar depósitos previos. Os custes técnicos de xestión desta plataforma son asumidos unicamente polo adxudicatario do lote.
O propietario
Pode beneficiarse das vantaxes que ofrece a plataforma para vender a súa madeira:
- Garantía dun prezo base mínimo co que abrir a poxa, acorde co valor de mercado e coa conformidade do propietario
- Estimación da cantidade e calidade da madeira por un técnico forestal.
- Acceso a unha ampla base de compradores que operan en todo o territorio galego.
- Garantía de cumprimento dos condicionantes legais (redacción de contrato, pregos de condición técnicas e económicas...)
Ferramenta de Xestión técnica
O persoal técnico conta cunha ferramenta que lle permitirá dispor das seguintes vantaxes:
- Facilidade na posta a venda do lote na modalidade que se considere,
- Acceso a modelos de documentos contractuais,
- Facilidade na xestión da solicitude de autorización (Integración co sistema FORTRA)
Espazo propio para seguimento do proceso de aproveitamento con acceso compartido nos perfís de técnico/comprador/propietario, no que se disporá de toda a documentación xerada no proceso, achegando fotografías, anotación de incidencias, automatización de alertas de remate de prazos, proceso de comunicación final e solicitude de prórroga para o comprador, entre outros.