Logo
 

CURSO DE IMPLANTACIÓN DE QGIS NA OFICINA TÉCNICA (NIVEL BÁSICO)

CURSO MIXTO: 28 horas
prazas
17
Data límite de inscrición
01/11/2025 ao 18/11/2025 ata as 15:00
Fecha del curso del
22/11/2025 ao 17/12/2025
Lugar
Sede do COETFG (Santiago de Compostela) + Sesións en liña a través da Plataforma ZOOM
Horario
Xornadas presenciais : de 9.30 a 14.00 h, e de 15.30 a 20.00 h / Xornadas en liña: de 17 a 19 h
Breve descrición do curso:

Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACCIÓNS FORMATIVAS E DIVULGATIVAS DIRIXIDAS AO IMPULSO DO COÑECEMENTO E A COMPETITIVIDADE DA INDUSTRIA FORESTAL-MADEIRA DE GALICIA. COETFG 2025", cofinanciado por Axencia Galega da Industria Forestal 

Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG).

Imparte: José Fernando Enjamio Gándaras | Enxeñeiro Técnico Forestal, Colexiado 617.

Inscrición sen custe. Aberta a calquera persoa interesada!

Obrigatoria a asistencia ao 80% de duración da actividade. No caso de incumprimento, o COETFG resérvase o dereito de limitar o acceso a outras actividades formativas da entidade.

Detalle de Datas de impartición:

Sesións Presenciais: 22 e 29 de Novembro e 13 de Decembro de 2025

Sesións En Liña: 03 e 17 de Decembro de 2025

DESTINATARIOS:

Acción orientada a profesionais da industria forestal-madeira (preferentemente profesionais en activo), así como estudantes de formación profesional e estudantes universitarios vencellados ao ámbito forestal-madeira ou recentemente titulados nos ditos estudos.

--DESCARGA AQUÍ O TRÍPTICO--

Temario:
MÓDULO 0: Introdución aos Sistemas de Información Xeográfica (1 h)
0.1- Introdución: ¿Que é un SIX?. Funcións. Aplicacións dos SIX.
0.2- Modelo de datos: Formatos vectoriais, Formatos raster, formatos táboas.
MÓDULO 1: Proxectos QGIS (7 h)
1.1- Creación e propiedades
1.2- Visualización e acceso a datos
1.3- Cargar datos
1.4- Propiedades das capas. Simboloxía. Etiquetado
1.5- Ferramentas de consulta
1.6- Selección de elementos
1.7- Ferramentas de navegación e localización
1.8- Ferramentas de transformación de datos (importación/exportación)
MÓDULO 2: Mapas (5 h)
2.1- Introdución aos mapas
2.2- Crear mapas. Propiedades
2.3- Inserción de elementos cartográficos (dxf, dwg, shp,...)
2.4- Interacción con bases de datos externas
2.5- Conexión con servidores cartográficos externos
MÓDULO 3: Táboas (5 h)
3.1- Introdución ao tratamento dos datos alfanuméricos
3.2- Engadir táboas
3.3- Ferramentas asociadas ás táboas
3.4- Unión e enlace de táboas
MÓDULO 4: Saída gráfica.- Composición de mapas (6 h)
4.1- Fiestra de deseño
4.2- Elementos gráficos
MÓDULO 5: Casos prácticos e Titorías  (online) (4 h)
Realizaranse 2 xornadas online de 2 horas de duración cada unha na que se levarán a cabo casos prácticos dos coñecementos teóricos adquiridos.

Horario escolar

Día da semana
Hora de comezo mañá
Hora final mañá
Hora de inicio tardía
Hora de finalización tardía
Non se puido cargar a programación