Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACTIVIDADES DE IMPULSO Á PROMOCIÓN ECONÓMICA E FOMENTO DO EMPREGO COETFG 2025", subvencionada pola Deputación da Coruña.
Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG), coa colaboración de EnxeñoGalicia.
Imparte: Modesto Luis Gómez Rodríguez | Director Xeral EnxeñoGalicia.
Inscrición sen custe, aberta a calquera persoa interesada!
-------
Obxectivos:
-Aprender a construír a mensaxe e adaptala aos distintos públicos
-Familiarizarnos coas pautas que nos axudan a persuadir e comunicar cara a cara
-Mellorar a comunicación ante audiencias, dominando o medo á intervención pública
-Optimizar a comunicación cando non existe conexión directa emisor-receptor