Logo
 

WEBINAR: DESENVOLVE A TÚA MARCA PERSOAL CON ÉXITO

CURSO ONLINE: 2 horas
prazas
100
Data límite de inscrición
20/10/2025 ao 09/12/2025 ata as 15:00
Fecha del curso del
09/12/2025 ao 09/12/2025
Lugar
ONLINE, Plataforma ZOOM
Horario
De 17.00 a 19.00 h
Breve descrición do curso:

Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACTIVIDADES DE IMPULSO Á PROMOCIÓN ECONÓMICA E FOMENTO DO EMPREGO COETFG 2025", subvencionada pola Deputación da Coruña.

Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG), coa colaboración de EnxeñoGalicia.

Imparte: Modesto Luis Gómez Rodríguez | Director Xeral EnxeñoGalicia.

Inscrición sen custe, aberta a calquera persoa interesada!

-------

Obxectivos:

-Comprender que é a mercadotecnia e como pode axudar ao desenvolvemento persoal

-Aprender que elementos da marca persoal son cruciais para espremer todo o noso potencial

-Aplicar ferramentas de exame e diagnóstico á dimensión persoal para conseguir multiplicar as nosas oportunidades

-Dispoñer dun mapa visual de desenvolvemento persoal que dispare a nosa visibilidade

Temario:
  • Concepto de marca e márketing persoal

  • Compoñentes de toda marca

  • As tres preguntas do (re)coñecemento

  • Capa, orientación e loita

  • A pirámide de Maslow aplicada á persoa

  • O exame da conciencia persoal

  • O DAFO persoal

  • As sete marabillas da marca persoal

  • O teu CANVAS persoal

  • Valor e apreciación persoal