Actividade formativa correspondente ao PROXECTO "ACTIVIDADES DE IMPULSO Á PROMOCIÓN ECONÓMICA E FOMENTO DO EMPREGO COETFG 2025", subvencionada pola Deputación da Coruña.
Organizada polo Colexio Oficial da Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG), coa colaboración de EnxeñoGalicia.
Imparte: Modesto Luis Gómez Rodríguez | Director Xeral EnxeñoGalicia.
Inscrición sen custe, aberta a calquera persoa interesada!
-------
Obxectivos:
-Comprender que buscan as empresas á hora de seleccionar.
-Familiarizarse cos principais procedementos das entrevistas de traballo.
-Recoñecer e saber responder as preguntas habituais nos procesos selectivos.
-Habituarse ás dinámicas, individuais e agregadas, de selección.