Neste webinar exploraremos en profundidade o Regulamento NIS2 e os seus impactos no sector empresarial.
Analizaremos as exixencias específicas en materia de ciberseguridade, desglosando cómo aplicar de forma práctica os pilares fundamentais: prevención, detección, resposta e recuperación ante incidentes.
Examinaremos o panorama actual de ciberamenazas e o que nos din os últimos incidentes sobre vulnerabilidades recurrentes, coa mirada posta na protección de datos e as capas de seguridade esenciais.
A sesión pecharase cun caso de éxito real de cloud.gal, onde veremos de primeira man como unha estrategia ben definida repercute na continuidade do negocio e na redución efectiva do risco.
Unha oportunidade para entender de maneira clara e aplicable como adaptarse á nova normativa e fortalecer a posición de seguridade da túa organización.